Ciencia

Arquivo do Reino de Galicia. Sanatorio Marítimo Nacional de Oza. Monxa a mirar por un microscopio no laboratorio do Sanatorio Marítimo de Oza (A Coruña). S.l. : s.n., 1956. Sign. 2.163.
Data de publicación: 09-11-2018 Data de fin: 31-01-2019

Documentos coma estes que amosamos, procedentes, respectivamente, dos fondos documentais da familia Pedrosa Pérez Dávila e Sanatorio Marítimo de Oza.

A primeira imaxe mostra un laboratorio fotografado a comezos do século XX. Explícase pola relación que esta familia tiña coa familia Casares, algúns membros da cal foron eminentes científicos.

A segunda ilustra unha das aplicacións da ciencia, a medicina, neste caso nun centro hospitalario antituberculoso.

A fotografía da familia Pedrosa ten a signatura 74 deste fondo. A do Sanatorio de Oza ten o número 2.163.

Con esta publicación iniciamos a conmemoración do mes dedicado ao patrimonio científico e técnico dentro da programación dedicada a conmemorar o Ano Europeo do Patrimonio.

Culminaremos esta serie cunha exposición virtual que estamos a preparar e da que xa daremos máis noticias.