A ombros de xigantes: ciencia e técnica como patrimonio

Cartaz da exposición
Data de publicación: 19-11-2018 Data de fin: 28-02-2019

Cando Newton escribía “se logrei ver máis lonxe é porque subín a ombros de xigantes”, estaba revalorizando os avances dos séculos precedentes. Newton citaba a Bernardo de Chartres, mestre de gramática, que xa no século XII recoñecía con esta expresión o saber da Antigüidade.

Así pois, a ciencia e a técnica contan cunha dimensión patrimonial que adoita pasar desapercibida. Os obxectos, libros e documentos que as ciencias empregaron para xerar e transmitir o saber constitúen o patrimonio científico-técnico, como establece a Lei galega de patrimonio cultural de 2016.

Esta exposición é a achega do Arquivo do Reino de Galicia á conmemoración do Día Internacional do Patrimonio Mundial 2018