Xeografía

Arquivo do Reino de Galicia. Familia Carré. Carta da editorial Alberto Martín, de Barcelona, a Eugenio Carré Aldao en relación coa preparación dos volumes da provincia da Coruña da Geografía General del Reino de Galicia dirixida por Carreras i Candi. 1925, abril, 22. Barcelona. Sign.: 26.954/10-3
Data de publicación: 29-05-2019 Data de fin: 29-05-2019

 

No fondo documental doado pola familia Carré a este Arquivo, consérvase a correspondencia enviada entre maio de 1923 e febreiro de 1927 pola editorial Alberto Martín a Eugenio Carré en relación coa preparación, precisamente, dos volumes correspondentes á provincia da Coruña da "Geografía General del Reino de Galicia".

 

Nesas cartas, asinadas por Dolores Martín Zamora, filla de Alberto Martín que dirixía a editorial desde a morte do seu pai en 1917, queda constancia de diferentes circunstancias habituais na preparación dunha obra da complexidade da “Geografía General”.

 

Por exemplo, ademais do envío das probas ao autor para a súa corrección ou a información sobre o pagamento do traballo, a devolución de libros, mapas e debuxos enviados por Carré a Barcelona, a preocupación por atopar fotógrafos que puidesen colaborar na obra ou, tamén, a presión para que cumprise os prazos de entrega acordados.

 

Reproducimos dúas destas cartas, así coma outra na que o xornalista e editor vigués Jaime Solá (editor de "Vida Gallega") pon as súas fotografías a disposición de Carré.

Estas cartas teñen a signatura 26.954/10-3 do fondo da familia Carré.