Candonga ao licenciado Durán

Arquivo do Reino de Galicia. Colección de documentos soltos. Plañimiento que hazen por el hueco de la bara del Giro los seis escribanos de número de ella. Ca. 1789. Sign.: 45.776_12
Data de publicación: 23-08-2019 Data de fin: 31-12-2019

 A letra deste documento parece coetánea da do preito substanciado na Real Audiencia. Leva por título: "Plañimiento que hazen por el hueco de la bara del Giro los seis escribanos de número de ella en tono de candonga acompañados de los sacristanes de las parroquias de San Miguel dos Agros y San Juan Apóstol de esta ciudad, llevando la voz el señor Sanín".

O termo "hueco" fai referencia á renuncia ao cargo que os oficiais públicos (das xurisdicións reais e tamén, en xeral, das señoriais) debían dar para dar conta nun proceso legal da súa actividade durante o tempo do seu desempeño. Se non quixesen facelo, existía a posibilidade legal de solicitar do tribunal galego que o funcionario dese "hueco y residencia". A palabra "vara" alude ao símbolo da autoridade que os xuíces, rexedores dos concellos e outros funcionarios e representantes públicos exercían. O iro da Rocha era un dos ámbitos territoriais anexos á cidade comprendidos na xurisdición que tiña a Igrexa de Santigo.

O tono e a forma dos versos non pode ser máis de rechufla. Alude á suposta desmedida ambición do Durán desde unha orixe humilde, á súa corrupción e arbitrariedade, e á súa vaidade que ían cesar agora co auto xudicial que o obrigaba a cesar. Escritos para cantarse a coro polos seis escribáns, os dous sancristáns e o "señor Sanín", inclúen varios estribillos, que cantaban de forma alterna todos eles, e agudas e ferintes estrofas que non deixaban nada ben parado ao xuíz. Intercalan algunhas palabras en galego. Transcribimos algúns destes versos, que poden apreciarse na súa totalidade na seguinte ligazón

Escribano 1º

Extraño accidente!

 

Rara novedad!

Impensado caso!

Desgracia fatal!

Ay! Ay! Ay!

Sanín

Que dio el hueco

La vara del Giro

y llevó la trampa

al señor Durán!

Los 2 sacristanes

Buen Viaxe

Buen Viage

Sanín

Choray! Choray! Choray!

Sacristán 1º

Hacía un juez lindo,

muy justificado,

y dava los fallos

con sagacidad:

en su biblioteca

(como es tan lehido)

hallava opinión

para el vien y el mal.

Los 5 escribanos

Ay! Ay! Ay!

Sanín

Que dio el hueco

la vara del Giro

y llevó la trampa

al señor Durán!

2 sacristanes

Buen viage

buen viaxe

Sanín

Choray! Choray! Choray!