Un patrimonio oculto: os documentos públicos nos arquivos privados

Cartaz da exposición
Data de publicación: 15-11-2019 Data de fin: 09-06-2020

 Unha mostra que invirte o punto de vista co que habitualmente contemplamos os arquivos, nos que dunha forma ríxida tendemos a separar os documentos de carácter público daqueloutros de carácter privado.

Porén, a realidade é máis complexa. Con frecuencia, nos fondos privados que se incorporan aos centros públicos descubrimos documentos públicos que inicialmente nos desconcertan. Por que se atopan alí testemuños de actividades puramente administrativas ou xudiciais?

Tratar de responder a esta e a outras preguntas semellantes constitúe tamén un motivo para a reflexinarmos sobre a natureza do patrimonio cultural, sobre a súa variedade e riqueza, pero tamén sobre a súa profunda unidade.