Caderno

Arquivo do Reino de Galicia. Xefatura Provincial de Estradas da Coruña. Proxecto de obras da estrada de 3ª orde de Santiago a Camariñas. Sección de Vimianzo a Camariñas. Tramos 1º e 2º. 1868/1874. Sign.:63720-1-5.
Data de publicación: 18-12-2019 Data de fin: 31-03-2020

Como pode apreciarse, posúe un grande interese, pois permite observar o método de traballo que tiña aquel funcionario facultativo e ofrece preciosos detalles sobre a paisaxe da zona que a futura estrada viría modificar.

 

Da revisión do caderno dedúcese que as notas se refiren a dous momentos/obras diferentes, polo menos. Unha correspondería ao proxecto mencionado; outro parece ter relación co proxecto dunha dársena para o porto de Camariñas no ano 1874. 

 

Os debuxos e deseños acompáñanse no caderno de diversas anotacións sobre medidas, aliñacións, referencias, cultivos, camiños, curvas de nivel. Algunhas follas incorporan perspectivas de accidentes do terreo, lugares ou de edificios singulares.

 

Este caderno ten a signatura 63720-1-5.