Turismo

Arquivo do Reino de Galicia. Xefatura Provincial de Obras Públicas. Gran circuito español de turismo y circuitos adyacentes. Mapa dun folleto de 1910. Sign.: 63750-17
Data de publicación: 28-02-2020 Data de fin: 31-05-2020

 

A memoria, obra do marqués de Marianao, Salvador de Samià i de Torrents, propugnaba establecer un “extenso circuito que comunique entre sí las grandes ciudades españolas que más atractivos ofrecen al turismo (...) ante la imposibilidad de garantizar el tránsito del automóvil por nuestra extensa red de carreteras” (que, polo que se desprende do texto, estaban en estado lamentable). No mapa que inclúe, sinálase o itinerario dese extenso circuito, no que Galicia só figuraba como circuíto adxacente (en cor azul).

No informe que se pedía, o Ministerio solicitaba información sobre o nome das estradas da provincia que formasen parte do circuíto e datos sobre o custe e tempo necesarios para a súa reparación.

A resposta do enxeñeiro sinalaba que “ni el circuito general ni los adyacentes comprenden ninguna de las carreteras de esta provincia” e propoñía modificar o circuíto galego: “que por lo que de la región conocemos acaso procediera hacer un estudio comparativo desarrollándole por Vigo-Pontevedra-Santiago-Coruña-Ferrol-Oviedo, en vez de hacerlo directamente por Orense y Lugo como aparece en el plano”.

Este expediente ten a signatura 63750-17 do fondo da Xefatura Provincial de Obras Públicas.