Andrade

Arquivo do Reino de Galicia. Real Audiencia de Galicia. Alzada de la casa del señor González Somoza / Domingo de Andrade. 1676. Sign. RA 33
Data de publicación: 01-04-2020 Data de fin: 31-07-2020

Conmemoramos este Días das Artes con documentos do Arquivo. Nel custódiase un documento orixinal do mestre de Cee, o que semella ser un primeiro deseño da compostelá casa da Parra. Dicimos primeiro porque nel faltan algúns dos elementos decorativos que identifican esa casa hoxe (e a el mesmo), coma os fermosos acios que enmarcan as portas do lado dereito.

A sinatura de Andrade vese claramente na parte inferior do plano, debaixo da ventá que queda no centro do debuxo.

O plano forma parte dun preito da Real Audiencia de Galicia sobre os bens do doutor Antonio González Somoza e a súa muller, María Zaldívar, e pode datarse no ano 1676 polos documentos que o acompañaban.

As fotografías que seguen a este plano amosan a obra máis emblemática de Andrade, a torre do Reloxo de Santiago. Foron tomadas a comezos do século XX e forman parte da Colección fotográfica. Unha delas integra ambas as dúas obras, a torre e a casa, xunto co pórtico da Quintana, nunha mesma perspectiva.

Outras referencias indirectas á obra de Andrade poden rastrexarse entre os fondos do Arquivo. Por exemplo, na fundación da capela da obra pía de Santo Antón (hoxe casa do Concello de Melide), cuxa portada atribúese a este arquitecto e que forma parte do fondo documental do Pazo de Bieite (http://arquivo.galiciana.gal/…/es.…/gl/consulta/registro.do…)