Teletraballo

Arquivo do Reino de Galicia. Composición elaborada para amosar a idea do teletraballo con motivo do confinamento pola COVID-19
Data de publicación: 13-04-2020 Data de fin: 31-08-2020

 #aculturasegue

O pasado 13 de marzo ordenouse o peche da atención ao público do Arquivo do Reino de Galicia e posteriormente o seu persoal foi enviado aos seus domicilios para o confinamento de acordo coa Resolución de 12 de marzo de 2020 da Secretaría xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 12 de marzo de 2020, polo que se aproba o Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus Covid-19 e instrucións posteriores.

Este necesario confinamento supuxo non poder realizar unha parte importante do servizo que presta, como é a atención presencial aos usuarios que acoden ao centro, pero non que cesase a actividade do seu persoal. Este vídeo amósao.

Neste momento grazas ao soporte electrónico, fundamental e imprescindible para poder continuar coas nosas tarefas dentro do posible, seguimos a facer  

 - Difusión nas redes sociais: para que todo o mundo que o desexe poda seguir coñecendo os nosos fondos documentais;

- Actualizar o noso catálogo na Rede;

- Mellorar as bases de datos, especialmente as da Real Audiencia de Galicia, un dos fondos máis importante e tamén dos máis consultado do Arquivo;

- ​Identificar e valorar os documentos mediante Estudos de Serie documental;

- Optimizar  imaxes e incorporalas a Galiciana. Arquivo Dixital de Galicial;

- Actualizar novas na nosa Web;

- ​Atender os usuarios por medio do correo electrónico e consultas na web do Arquivo;

- Continuando co pagamento  aos nosos proveedores e prestadores de servizos.

 

E seguimos a traballar coa mesma ilusión de sempre e esperando que está situación provisional sexa o máis breve posible.