Sobre a apertura do Arquivo

Verxa de entrada ao pasadizo do Arquivo no Xardín de San Carlos, A Coruña
Data de publicación: 07-05-2020 Data de fin: 31-07-2020

 De conformidade co establecido na Orde SND/388/2020, do 3 de maio, pola que se establecen as condicións de apertura ao público de determinados comercios e servizos, e a apertura dos arquivos, así como para a práctica do deporte profesional e federado, a partir do día 4 de maio de 2020 e ata nova orde, este arquivo prestará os seus servizos, con carácter xeral, de forma telemática. Para estes efectos, e sen prexuízo das solicitudes que poidan remitirse a través do rexistro electrónico, poderán  contactar con este centro a través do correo electrónico: arq.reino.galicia@xunta. gal, ou ben no teléfono de atención ao público: 881 960 360.

Excepcionalmente, e só para os casos nos que sexa absolutamente imprescindible, as solicitudes que deban atenderse de forma presencial requirirán da concertación dunha cita previa.