Atención con cita previa

Cartaz sobre a atención con cita previa
Data de publicación: 17-05-2020 Data de fin: 30-06-2020

 O protocolo para reanudación da actividade nos centros culturalis xestiondos pola Xunta establece que, ademais de atender só de forma presencial nos supostos en que sexa absolutamente imprescindible, prestarase atención prioritaria ás peticións de información e copias de documentos que deban achegarse en procedementos xudiciais ou administrativos.

En todo caso, a atención presencial limitarase a 10 documentos ou unidades de instalación física por xornada de traballo.

O protocolo sinala ademais, entre outras cousas, que durante esta primeira fase:

  • Non se prestarán servizos de consulta de materiais especiais (mapas e planos, fotografías, pergamiños...)
  • Todas as actividades que organice o centro serán dixitais.
  • Non haberá material de difusión ao alcance das persoas visitantes.
  • Toda a documentación ou materiais aos que accedan as persoas usuarias de forma presencial deberán quedar en corentena de 10 días como mínimo antes de ser empregados de novo.

Consulta/cita previa:

Correo electrónico:arq.reino.galicia@xunta.gal

Teléfono: 881 960 360