Alén

Arquivo do Reino de Galicia. Ricardo Palmás. Carta de Ramón Piñeiro a Ricardo Palmás. 1961, setembro, 19?. Sign.: 29660-6
Data de publicación: 18-05-2020 Data de fin: 31-08-2020

 O Día das Letras Galegas é ocasión propicia para publicar estas cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Palmás, xornalista galego-arxentino do que conservamos o seu fondo documental (http://arquivo.galiciana.gal/…/es.…/gl/consulta/registro.do…).

Entre a correspondencia de Palmás, que daquela residía en Buenos Aires, seleccionamos algunhas cartas que lle escribiu aquel desde Santiago a comezos da década de 1960. Nelas, Piñeiro comenta e alenta algunhas iniciativas de Palmás, como a creación da revista "Alén Mar" ( http://consellodacultura.gal/…/hemerot…/cabeceira/index.php…) e dalle noticias sobre cuestións da actualidade cultural galega do momento.

Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Palmás