Semana Internacional dos Arquivos. Galicia e os seus ríos: a xente e a paisaxe

Cartaz da exposición Galicia e os seus ríos
Data de publicación: 08-06-2020 Data de fin: 31-10-2020

 

O lema da Semana Internacional dos Arquivos 2020 é: "Empoderar sociedades do coñecemento".

Ese empoderamento pasa por explicar mellor a toda a sociedade que son e que papel cumpren os arquivos nun mundo en constante cambio ( https://www.ica.org/…/tema-de-la-semana-internacional-de-lo… ). É dicir, como combinar a permanencia da memoria da sociedade co reto e a oportunidade do cambio tecnolóxico.

O Arquivo sumarase a esa celebración con dúas actividades en liña que presentaremos ao longo da semana e que se desenvolverán arredor do tema dos ríos, metáfora daquilo que permanece pero que ao mesmo tempo cambia constantemente.

Será unha exposición virtual que leva o título de: "Galicia e os seus ríos: a xente e a paisaxe", e un vídeo centrado nos dous ríos que articulan o territorio de boa parte da Galicia interior: o Miño e o Sil.