Galicia e os seus ríos: a xente e a paisaxe. Exposición virtual

Arquivo do Reino de Galicia. Colección cartográfica. Proxecto dunha ponte sobre o río Ulla. S. XIX. Sign.: CC. 1064
Data de publicación: 19-06-2020 Data de fin: 31-10-2020

 #acultura segue

#IAW2020 

 
Esta exposición sobre os ríos de Galicia pretende subliñar a importancia dos ríos na conformación da paisaxe de Galicia, no seu poboamento, nas actividades económicas tradicionais e actuais e ata no lecer das xentes que viven ao seu carón. 
 
Céntrase menos nos documentos textuais para poder amosar as imaxes doutros máis gráficos que forman parte das coleccións do Arquivo do Reino de Galicia.