Roubo

Arquivo do Reino de Galicia. Real Audiencia de Galicia. Causa a Juan de Carril, procesado pola xustiza de Vimianzo (A Coruña). Certificación. 1809. Sign.: 48723-8
Data de publicación: 23-10-2020 Data de fin: 23-10-2020

  Dous breves documentos, os únicos que constan no proceso, e unhas notas permítennos coñecer detalles do paso do exército francés por Vimianzo (A Coruña)durante a Guerra da Independencia.

Na causa que se iniciou na xurisdición de Vimianzo, acusábase a Juan  Carril, encarcerado e fugado posteriormente da cadea, do roubo de oitos vacas e dous xatos entre os anos 1804 e 1805. Pero o xuíz non debeu de ser moi dilixente e iso ocasionou a queixa á Audiencia do Procurador Xeral da xurisdición. Cando en novembro de 1809 un novo xuíz se incorporou á xurisdición e quixo proseguila, non a atopou, ao parecer polos destrozos que os franceses ocasionaran no xulgado e no seu arquivo:

"Certifico haver echo registrar en todo su oficio al presente escribano para que le presentase la causa de Juan Carril, procesado por robos, y no la halló. Es un echo que los franceses entraron en su casa en enero de este años, de la que hicieron quartel, y dicho escribano y su familia huió al desierto, y ellos, dueños de toda ella, tiraron, rompieron y rovaron. Posteriormente, e abril de este mismo año, una partida de sietecientos enemigos hizo noche en esta de Vimianzo y entraron en el archivo, rompeiro arcas, papeles y otros destrozos... , y así no sól falta aquélla sino otros más papeles..."