Carral

Arquivo do Reino de Galicia. Colección de postais. Alrededores de la Coruña. Puente Lago (Carral). - A Coruña : Coruña Posta, Ca. 1910. - Sign.: 1104
Data de publicación: 28-10-2020 Data de fin: 28-10-2020

 Carral está asociado ao episodio final do levantamento ou pronunciamento do coronel Solís no ano 1846 contra o goberno conservador de Narváez. Alí foi fusilado o coronel e 11 compañeiros máis e hoxe érguese un monumento na súa memoria.

 

Pero se buscamos o termo "Carral" na base de datos Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia atoparemos non só as fotografías tomadas en Carral no ano 1931, ao pé do monumento, na homenaxe que daquela se fixo aos "mártires" daquel levantamento. Hai un total de 1.125 documentos, correspondentes a diversos fondos e coleccións, que se refiren a este concello coruñés. Preitos, expedientes, pergamiños,  libros de rexistro, fotografías... de fondos como os da Real Audiencia de Galicia, Real Intendencia, Delegación do Colexio de Arquitectos de Galicia ou a Xefatura Provincial de Estradas da Coruña. Entre todos eles, eliximos esta sinxela postal, publicada na década dos anos de 1910, que ofrece unha imaxe con lavandeiras e neno debaixo da Ponte Lago.

Esta postal ten a signatura 1104 da Colección de postais. Pode accederse a ela a través do seu rexistro descritivo na base de datos.