Patrimonio
![Arquivo do Reino de Galicia. Colección cartográfica e iconográfica. [Mapa da] Provincia de Orense. [S.XIX]. Detalle. Sign.: MB 175 Arquivo do Reino de Galicia. Colección cartográfica e iconográfica. [Mapa da] Provincia de Orense. [S.XIX]. Detalle. Sign.: MB 175](/export/sites/default/arquivo-do-reino-de-galicia/resources/img/arg_ccmb_00175_detalle_red.jpg)
#Díadopatrimonio
Publicamos a exposición "Mulleres e patrimonio documental. O caso de Concepción Miranda".
Aproximámonos ao concepto de patrimonio documental (un patrimonio que nón só é historia senón que nos serve tamén para construíla) a través do
, que foi destituída e logo restituída da administración dos seus bens e da tutela dos seus fillos a comezos do século XIX. Coñeceremos a súa historia e trataremos de saber algo máis da Historia. Eran normais ese tipo de actuacións naquela época? Favoreceuna ou prexudicouna a súa condición de muller? Descubriremos que non existen respostas sinxelas para estas e outras moitas preguntas. É preciso investigar, e facelo nos arquivos para poder relacionar e poñer en contexto uns documentos con outros. É unha tarefa que corresponde ás persoas que investigan a historia, pero parece claro que desde os arquivos podemos facilitar esa tarefa.