Castelao

Arquivo do Reino de Galicia. Ramón Suárez Picallo. Álbum Nós / Castelao. Madrid: Hauser y Menet, 1931. Sign.: 80007-4
Data de publicación: 27-11-2020 Data de fin: 27-03-2021

 Entre os documentos e impresos que pertenceron ao galeguista Ramón Suárez Picallo ou relacionados con el, propiedade na actualidade do seu sobriño don Ramón Eduardo Tenreiro Suárez, figura un exemplar do álbum “Nós” de Castelao, publicado pola casa Hauser y Menet en Madrid no ano 1931. 

Integran este exemplar  48 estampas soltas (faltan, por tanto, a última e o exlibris de Castelao), precariamente unidas con dous atagallos de coiro. Forma parte do conxunto depositado polo señor Tenreiro no arquivo en réxime de comodato no ano 2011. Segundo parece, estivo enterrado moitos anos no xardín da casa familiar en Sada, á espera de tempos mellores. Leva unha dedicatoria orixinal do autor a Suárez Picallo, que reproducimos.

Ofrecemos tamén o prólogo de Castelao e unha das estampas, a número 26.

No catálogo da exposición “Castelao grafista: pinturas, dibujos y estampas”, celebrada en Madrid, na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando do 29 de setembro ao 26 de novembro de 2017, María Victoria Carballo Calero analiza e contextualiza este álbum en el conjunto de la obra de Castelao.

 

Este álbum ten a signatura 80007-4.