Divorcio

Arquivo do Reino de Galicia Colección fotográfica. Padrón: vista parcial. Ponte, convento e fonte do Carme. Ca. 1935-1945. Sign.: 3028
Data de publicación: 21-12-2020 Data de fin: 21-03-2021

 O 14 de febrero de 1778, dona Catalina del Cantillo Colunga iniciou en Padrón, acollida na casa do seu irmán Juan, comerciante naquela vila, tras fuxir de Pontevedra, os trámites de divorcio (separación “do leito e da habitación por causa xusta”, segundo o Concilio de Trento) do seu marido ante o provisor (xuíz eclesiástico) de Santiago. 

Dona Catalina, de familia de comerciantes e natural de Lastres, en Asturias, casara por poderes en 1767 con don Bernardo de Mier, o seu conveciño, comerciante tamén e residente en Pontevedra, a quen lle levaba case 10 anos.

 

Don Bernardo acordara co seu futuro sogro, don Juan del Cantillo, comerciante de Redondela, que casaría con dona Catalina, cun dote máis de 16.000 reais. Tras morrer o pai, reanudáronse as conversas matrimoniais e os irmáns de Catalina comprometéronse con Bernardo a pagarlle o dote da súa irmá en catro prazos. Pero non será ata 1771, en que se fixo efectivo o cuarto prazo, que accedeu de Mier a que Catalina fose vivir con el a Pontevedra. Pero o matrimonio non foi moi ben, pois axiña comezou tratala mal e obrigouna a renunciar aos seus bens no seu favor, pois necesitaba capital para asegurar un contrato de compañía co seu paisano Jacobo Poladura (e, segundo dirá despois o seu cuñado, por temor a que revertesen nos irmáns por non ten descendencia e dada a diferenza de idade que había entre ambos).

 

Unha vez en Padrón, Catalina presentou a demanda de divorcio e outras en paralelo para anular as escrituras de renuncia que fixera por forza. Pero parece que o poder de Bernardo de Mier era grande (ademáis de comerciante era tamén xuíz en Pontevedra e rexedor en Padrón): as testemuñas tiñan medo de declarar contra el e, por outra banda, foi quen de activar mecanismos para impedir que o proceso de separación avanzase. Así, en xuño de 1778, o pai gardián do “Seminario” de Herbón e dous párrocos das proximidades mediaron no litixio:

 

"aviéndose echo pública [a demanda de divorcio] y llegado a noticia de personas de elebado carácter, ciencia y prudencia, éstas, como zelosas de la quietud de conciencias y por hacer servicio a Dios en la unión de dicho matrimonio han procurado ynstruirse y saber las razones de una y otra parte y con atención a ellas obiando disputatas y gastos que se acarrean en semexantes questiones, han echa su corte, en el qual se han combenido los otorgantes; y en su conformidad, unirse y vivir juntos según Dios lo manda y leies del matrimonio con aquella armonía, paz y concordia de vida de marido a muger y de muger a marido, por lo que … la doña María, condescendiendo en ello se aparta de la expresada demanda para no seguirla ni proseguirla en tiempo alguno…

 

“dicho don Bernardo, quanto al primer ynstrumento zittado de aprobación de compañía, dá por libre y separada a su muger de qualquier obligación que por él hubiese contraído y la yndemniza en devida forma dejando su dotal por libre siempre que en algún modo se aia ligado…”

 

Reanudado o matrimonio, o maltrato seguiu ata a morte de Catalina en decembro de 1787, segundo o seu irmán.

 

 

Este preito ten a signatura 10469-41 do fondo da Real Audiencia de Galicia.

Véxase outra referencia a unha demanda de separación por maltrato, neste caso en Ferrol en 1852: