Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do século XVIII

Abrimos unha nova sección no noso Facebook adicada a traballar de xeito compartido, con todos os que vos animedes, sobre uns cantos documentos custodiados neste arquivo.
O labor consistirá en lelos detidamente e, a partir de aí, levar a cabo actividades tales como: transcricións, resolución de encrucillados e outros xogos, e tarefas que contextualicen estes documentos no momento e lugar en que foron creados, como por exemplo: busca/envío de vídeos de sons e música que nos trasladen ao tempo no que se escribiron; busca/envío de imaxes (debuxos, gravados, fotos…) dos lugares ou contorna onde apareceron.
Na estrea da nosa nova sección imos intentar investigar, coa vosa axuda, como vivían os galegos e as galegas no século XVIII: que comían, como se vestían, como se divertían, como se curaban, en que traballaban, etc.
Daquela, faremos un obradoiro documental sobre a vida cotiá no século XVIII en Galicia. Daremos máis información nos próximos días.