Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do século XVIII. As enfermidades (02)

Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do século XVIII. As enfermidades: encrucillado
Data de publicación: 22-01-2021 Data de fin: 22-04-2021

  Aquí vos deixamos as solucións á primeira actividade de investigación e un pequeno apuntamento sobre o labor de transcribir. Seguimos tamén na nosa pescuda coa segunda actividade deste obradoiro: o encrucillado. 

A transcrición debe aspirar a ser reflexo fiel do texto orixinal e da lingua na que foi escrito. Para conseguir isto é preciso seguir unhas normas, tales como:

 

- Respectar a ortografía orixinal

- Usar maiúsculas e minúsculas segundo a normativa actual

- Transcribir como simples as letras dobres en principio de palabra

- Desenvolver as abreviaturas

- Separar as palabras unidas indebidamente ou unir as letras ou sílabas dunha palabra que aparezan separadas

- Procurar un sistema de puntuación actual

 

E sigamos na nosa pescuda coa segunda actividade deste obradoiro: o encrucillado. Para resolvelo cómpre respectar a escritura da proba documental, ao xeito do século XVIII.

 

O vindeiro venres 29 de xaneiro publicaremos as solucións xunto cunha breve contextualización histórica sobre as enfermidades que padeceu a poboación galega naquela época.

 

 

Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnolas chegar a través do enderezo electrónico (arq.reino.galicia@xunta.gal) ou a través do Facebook do arquivo (@arquivodoreinodegalicia).

Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do século XVIII. As enfermidades. 02 SOLUCIÓNS TRANSCRICIÓN E ENCRUCILLADO