Exposición virtual: "Sororidades:

Arquivo do Reino de Galicia. Cartaz da exposición virtual Sororidades
Data de publicación: 08-03-2021 Data de fin: 30-06-2021

 Sororidade significa solidariedade entre mulleres ou amizade e reciprocidade entre mulleres que comparten o mesmo ideal e traballan por alcanzar un mesmo obxectivo. Nestes tempos de pandemia e fraxilidade parece oportuno rescatar do tempo estas sororidades: exemplos de mulleres diversas que transformaron a forma de relacionárense entre sí, mudando á súa vez o mundo no seu redor.

A partir dos expedientes de asociacións do fondo documental do Goberno Civil da provincia da Coruña e dos documentos doutros fondos do Arquivo, preparamos unha exposición virtual que se aproxima á historia das asociacións e sociedades de mulleres de toda índole que desde fins do século XIX se asociaron por motivos relixiosos, políticos, sindicais, de axuda mútua ou cultural, entre outros.