
Aquí vos deixamos as solucións á transcrición e a seguinte actividade deste obradoiro de investigación.
Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnoslas chegar a través do enderezo electrónico ou do Facebook do arquivo.
O venres 26 de marzo publicaremos as solucións e unha breve contextualización histórica sobre as profesións relacionadas coa saúde e os tratamentos aplicados as enfermidades que padecía a poboación galega naquela época.