Actualidade

Torre

Data de publicación: 28-06-2019 Data de fin: 30-09-2019
Arquivo do Reino de Galicia. Colección fotográfica. A Coruña: Torre de Hércules. 1921-1930. Sign.: 514

 Neste mes de xuño conmemoramos o décimo aniversario da Declaración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.

O aspecto actual da Torre débese á restauración que, por iniciativa do Consulado Terrestre e Marítimo da Coruña, co apoio da Secretaría de Estado de Mariña e dirección do enxeñeiro militar Eustaquio Giannini, se acometeu entre os anos 1788 e 1790.

 Os libros de actas do Consulado, conservados na actualidade no arquivo desta institución coruñesa da rúa Panadeiras, fornecen abundante información sobre o custo e evolución das obras. Pero hai aspectos da realidade que só de forma casual se recollen nos documentos.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Semana Internacional dos Arquivos

Data de publicación: 30-05-2019 Data de fin: 30-09-2019
Cartaz das actividades do ARG Semana Internacional de Arquivos 2019

 Con motivo da Semana Internacional dos Arquivos (https://www.ica.org/es/semana-internacional-de-los-archivos-3-al-9-de-junio-2019) , promovida polo Consello Internacional de Arquivos para celebrar o Día Internacional dos Arquivos (9 de xuño), o Arquivo preparou  diversas actividades, que terán lugar os días 5, 6, 7 e 20 de xuño.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Xeografía

Data de publicación: 29-05-2019 Data de fin: 29-05-2019
Arquivo do Reino de Galicia. Familia Carré. Carta da editorial Alberto Martín, de Barcelona, a Eugenio Carré Aldao en relación coa preparación dos volumes da provincia da Coruña da Geografía General del Reino de Galicia dirixida por Carreras i Candi. 1925, abril, 22. Barcelona. Sign.: 26.954/10-3

 No ano 1928 comezouse a publicar en Barcelona a “Geografía General del Reino de Galicia” dirixida por Francisco Carreras i Candi. Os volumes II e III (tomosI e II) estiveron a cargo de Eugenio Carré Aldao.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn