Actualidade

Divorcio

Data de publicación: 21-12-2020 Data de fin: 21-03-2021
Arquivo do Reino de Galicia Colección fotográfica. Padrón: vista parcial. Ponte, convento e fonte do Carme. Ca. 1935-1945. Sign.: 3028

 O 14 de febrero de 1778, dona Catalina del Cantillo Colunga iniciou en Padrón, acollida na casa do seu irmán Juan, comerciante naquela vila, tras fuxir de Pontevedra, os trámites de divorcio (separación “do leito e da habitación por causa xusta”, segundo o Concilio de Trento) do seu marido ante o provisor (xuíz eclesiástico) de Santiago. 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Azaña

Data de publicación: 18-12-2020 Data de fin: 18-03-2021
Arquivo do Reino de Galicia. Ricardo Palmás. Madrid: Primeiro aniversario da República. Azaña reivisando tropas durante o desfile militar / Keystone View Company. 1932-04-13. Sign.: 968p

 Celébrase na Biblioteca Nacional de Madrid unha exposición conmemorativa do 80 aniversario do falecemento de Manuel Azaña, presidente da República, un dos políticos e intelectuais máis destacados do século XX.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Santo André

Data de publicación: 14-12-2020 Data de fin: 14-03-2021
Arquivo do Reino de Galicia. Colección cartográfica e iconográfica. Carta Geométrica de Galicia / Domingo Fontán. [Paris] : Imp. de Lemercier, 1845. Sign.: CC MB 84-2

 O día 23 de setembro de 1939 tivo lugar en Santo André de Teixido e Teixidelo, concello de Cedeira (A Coruña), unha chuvia torrencial que produciu graves danos nos “tres únicos caminos de comunicación con San Andrés”. O alcalde de Cedeira (A Coruña) solicitou axuda do Goberno Civil e este trasladou a petición ao Ministerio da Gobernación. 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn