Día Internacional do Patrimonio: visitas guiadas

Arquivo do Reino de Galicia. Arquivo de Xestión. Libro índice das causas da escribanía de Taboada, correspondentes á Sala do Crime da Audiencia de Galicia. Sign. 103.
Data de publicación: 14-11-2017 Data de fin: 31-01-2018

Os visitantes gozarán dunha mostra dos nosos fondos. Entre eles, algúns documentos relacionados coa causa seguida na Audiencia de Galicia polo crime do marqués de Valladares.

Así, por exemplo, o "libro índice" da escribanía de Taboada, correspondente á Sala do Crime, onde se anotou a causa sobre o marqués no ano 1805, como unha das "resacadas de las entregadas al Real Cuerpo de la Artillería en virtud de Real Orden y autos de Acuerdo del año de 1805, y que después de reconocidas e inspeccionadas se contemplaron de alguna utilidad, por ser documentos combenientes al resguardo del derecho de los interesados".

Pero vese que anos máis tarde razóns semellantes ou a falta de sitio no Arquivo (houbo outros expurgos ao longo dos séculos XIX e XX) significaron a eliminación deste proceso, pois hoxe en día non se atopa no Arquivo.

Esta actividade forma parte tamén do programa elaborado, en colaboración co Consello da Cultura Galega e con outros arquivos, bibliotecas e museos de Galicia, para conmemorar o Día Internacional do Patrimonio.

Máis información no sitio web do Consello da Cultura Galega: http://consellodacultura.gal/dia-do-patrimonio-2017.php

Libro índice das causas da escribanía de Taboada onde se anotou unha referencia á causa do marqués de Valladares