Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do século XVIII. A medicina. (01)

Arquivo do Reino de Galicia. Cartaz da actividade Pescuda no Arquivo
Data de publicación: 15-03-2021 Data de fin: 30-06-2021
Pescuda no arquivo: a vida na Galicia do século XVIII. A medicina. (01)Completa a transcrición:
Nesta segunda xornada de investigación propoñémosvos indagar sobre as profesións relacionadas coa saúde naquela época: sangradores, cirurxiáns, médicos e boticarios e sobre os tratamentos aplicados ás doenzas da poboación galega.
A proba documental que vos facilitamos esta semana é un preito da Real Audiencia de Galicia sobre a intrusión de Juan Conde, barbeiro, na profesión de médico (signatura 21148/60).
Tendo en conta que para facer unha boa investigación o primeiro que se debe facer é decatarse de todo o que poden dicir as probas, teremos que ler detidamente o texto.
Para facelo máis ameno presentámosvos dúas actividades:
1. Completar a transcrición do texto orixinal, enchendo os ocos.
2. Descubrir en que consistía o remedio mencionado no texto
Comecemos pois coa primeira actividade deste obradoiro documental. Agardamos as vosas respostas. Podedes facérnolas chegar a través do enderezo electrónico ou a través do Facebook do arquivo.
O venres 19 de marzo achegaremos as solucións da transcrición e publicaremos a seguinte proba.