Guerra, revolución, reacción. Os comezos dun século de cambios (1810-1823)

Data de inicio: 23-07-2008 Data de fin: 26-09-2008

Con esta mostra o Arquivo do Reino de Galicia, que custodia os fondos documentais da maior parte das Xuntas e Deputacións de Galicia que se constituíron na Guerra da Independencia (1808-1814) e no Trienio Liberal (1820-1823) pretendía sumarse ás celebracións do bicentenario da denominada na historiografía “Guerra da Independencia” e ampliar o coñecemento público destes documentos desde o repaso ás fondas transformacións políticas, xurídicas, económicas e sociais que se inician coa Guerra ou que esta propicia.

A exposición reuniu documentos e pezas do propio Arquivo do Reino de Galicia, do Arquivo Municipal da Coruña e dos museos de Belas Artes da Coruña e Municipal “Quiñones de León” de Vigo, así como de propiedade particular: bandos, proclamas, correspondencia ou contas das sucesivas Xuntas de Armamento e Defensa e Deputacións de Galicia, xunto con planos e gravados da época, libros ou obxectos tales como o sabre do Mariscal Soult, moedas acuñadas durante a Guerra da Independencia na ceca de Xubia, etc.

Galería fotográfica da exposición