Mulleres e mestras

Data de inicio: 07-03-2018 Data de fin: 30-06-2018
Cartaz anunciador da exposición Mulleres e mestras

 A fins da segunda década do século XX, semellaba que a sociedade non rachara con estes prexuízos, pois a educación de moitas nenas enfocábase á aprendizaxe da relixión católica e do oficio de costureira ou modista.

Con todo, entre ambas Entrambas datas, no contexto do Estado liberal e do progreso económico do século XIX, os intentos por perfeccionar o sistema educativo facilitaron a instrución da muller e o seu acceso á educación superior.

Esta exposición busca amosar ese proceso. A través dos documentos do Arquivo do Reino de Galicia, trazaremos un percorrido sobre a educación feminina en Galicia desde o século XVII ata mediados do século XX.