Meigas, feitizos das menciñeiras: procesos xudiciais por bruxería

Data de inicio: 09-03-2020 Data de fin: 31-08-2020
Cartaz da exposición: Meigas, feitizos das menciñeiras: procesos xudiciais por bruxería

 O Arquivo do Reino de Galicia conmemora o Día da Muller de 2020 dando a coñecer un pequeno conxunto de procesos xudiciais por bruxería tramitados na Real Audiencia de Galicia, datados entre os séculos XVI e XIX.