Galicia e os seus ríos: a xente e a paisaxe. Exposición virtual

Data de inicio: 13-06-2020 Data de fin: 31-10-2020
Cartaz da exposición Galicia e os seus ríos
Ademais do mar, os ríos son elementos fundamentais da paisaxe de Galicia. Ao seu carón formáronse cidades e vilas, interactúan cos seus habitantes e condicionan o desenvolvemento urbano dos núcleos que atravesan. Ademais dos rios e os seus afluentes,precorren o territorio da comunidade outros caudais menores para os que a lingua galega atesoura infinidade de termos: regatos, corgos, arroios, regueiras, escorrentías...
 
A presenza da auga é imprescindible para o desenvolvemento das actividades económicas. Os ríos serviron para marcar a liña das vías de comunicación e como fronteira e separación entre vilas, provincias ou países. Limitacións que os homes trataron de superar e domear mediante as barcaxes, primeiro, e posteriormente coa construción de pontes.
 
Mais os ríos préstanse tamén para o lecer, para o pasaeo ou a reunión ao seu carón no verán, ou para a práctica do deporte.
 
Esta mostra céntrase menos nos documentos textuais para poder amosar as imaxes doutros máis gráficos que forman parte das coleccións do Arquivo do Reino de Galicia.