Exposicións

Letras galegas: mulleres en galego

Data de inicio: 17-05-2016 Data de fin: 31-12-2016
Documento 2: Colección de documentos en pergamiño. María Yáñez vende a Juan Suárez de Escañoi a herdade que posúe en Escañoi por vinte soldos. 1287, xuño, 21. 1 doc. en perg. , 75 x 126 mm. Galego, Letra de albalaes. Sign. P- 520

 

No ano en que o Día das Letras Galegas se dedica ao poeta Manuel María, o Arquivo do Reino de Galicia, que non custodia ningún poema ou documento do poeta chairego, quere contribuír, con esta pequena exposición virtual á difusión da lingua galega escrita.

Así, pretendemos amosar unha escolma de documentos en galego custodiados no arquivo, na que predominan os de carácter  xurídico (escrituras notariais ou testemuños de autos xudiciais). Pero presenta un matiz: a selección destaca polo carácter eminentemente feminino das persoas que figuran coma outorgantes deses testemuños escritos, autoras ou destinatarias doutros.

 

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Guerra, revolución, reacción. Os comezos dun século de cambios (1810-1823)

Data de inicio: 23-07-2008 Data de fin: 26-09-2008

Con esta mostra o Arquivo do Reino de Galicia, que custodia os fondos documentais da maior parte das Xuntas e Deputacións de Galicia que se constituíron na Guerra da Independencia (1808-1814) e no Trienio Liberal (1820-1823) pretendía sumarse ás celebracións do bicentenario da denominada na historiografía “Guerra da Independencia” e ampliar o coñecemento público destes documentos desde o repaso ás fondas transformacións políticas, xurídicas, económicas e sociais que se inician coa Guerra ou que esta propicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Instantes do mundo. Cartografía antiga de Galicia

Data de inicio: 06-10-2008 Data de fin: 05-12-2008

A mostra fai un percorrido polas diferentes representacións cartográficas da Comunidade Galega dende o século XVI ata o XX. Exponse parte dos 210 mapas que forman unha das mellores coleccións cartográficas sobre Galicia que existen, a Colección Martínez-Barbeito, que foi adquirida pola Xunta de Galicia hai vinte anos e que está depositada no Arquivo do Reino de Galicia.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Josep Renau. Arte e propaganda en guerra

Data de inicio: 23-07-2009 Data de fin: 27-09-2009

Percorrido pola obra de Josep Renau como cartelista e propagandista. A mostra estructúrase en dous apartados: unha primeira parte centrada na súa etapa á fronte da Dirección General de Bellas Artes (setembro de 1936 a abril de 1938) e as actuacións artístico-culturais que se levaron a cabo nas tres capitais da República nese tempo (Madrid-Valencia-Barcelona), relativas á salvagarda, fomento e difusión do patrimonio artístico-cultural; e outra dedicada ao Pavillón de España na Exposición de Paris de 1937. Neste pavillón Renau desempeñou un labor fundamental, tanto polo que se refire a súa montaxe como nos esforzos cara a conseguir a implicación e participación de artistas españois, entre os que destaca a presentación do cadro de Gernika por Pablo Picasso.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn