Mulleres e patrimonio documental: o caso de Concepción Miranda

#Díadopatrimonio
Sumámonos á iniciativa do Consello da Cultura Galega con motivo do Día do Patrimonio Mundial
Aproximámonos ao concepto de patrimonio documental (un patrimonio que nón só é historia senón que nos serve tamén para construíla) a través do proceso á condesa viúva de Torre Penela, que foi destituída e logo restituída da administración dos seus bens e da tutela dos seus fillos a comezos do século XIX. Conoceremos su historia y trataremos de saber algo más de la Historia. Eran normais ese tipo de actuacións naquela época? Favoreceuna ou prexudicouna a súa condición de muller? Descubriremos que non existen respostas sinxelas para estas e outras moitas preguntas. É preciso investigar, e facelo nos arquivos para poder relacionar e poñer en contexto uns documentos con outros. É unha tarefa que corresponde ás persoas que investigan a historia, pero parece claro que desde os arquivos podemos facilitar esa tarefa.