Publicacións

GUERRA, REVOLUCIÓN, REACCIÓN. Os comezos dun século de cambio (1810-1823)

AutorDirección Xeral de Patrimonio Cultural ISBN978-84-453-4625-9 Prezo15 € Ano de publicación2008
Catálogo da mostra realizada no Arquivo do Reino de Galicia no verán de 2008 que pretende ampliar o coñecemento, por medio de documentos conservados no Arquivo, sobre as fondas transformacións políticas, xurídicas, económicas e sociais nos primeiros anos do século XIX, distribuídos en cinco seccións:
  • Antecedentes : A crise do reinado de Carlos IV
  • Guerra: breve relato do conflito bélico da Guerra da Independencia, centrado en Galicia.
  • Revolución: transformacións para encher o baleiro de poder creado pola invasión francesa e a ausencia da familia real.
  • Reacción: Resistencia das forzas tradicionais fronte aos intentos renovadores.
  • Memoria da Guerra: testemuños que este proceso deixou na memoria das xentes.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

CARPETA DIDÁCTICA PARA SECUNDARIA

“ACHEGAR os arquivos históricos e utilizar fontes primarias como ferramentas fundamentais na reconstrución e interpretación dos acontecementos do pasado”

Actividade didáctica para ESO e Bacharelato en forma de carpeta, realizada por un grupo de traballo constituído por profesores de ciencias sociais e técnicos do Arquivo do Reino de Galicia.

Con ela preténdese achegar aos alumnos de secundaria ao uso das fontes primarias conservadas nos arquivos históricos e ver o seu valor para a investigación na aula.
A carpeta céntrase no primeiro terzo do século XIX e está constituída por:

  • 15 documentos reproducidos co máximo respecto posible ao orixinal na forma, color e contido.
  • 15 fichas cun número variable de cuestións sobre o documento a que fai referencia cada unha delas, e que inserta unha imaxe relacionada co seu contido.
  • Fichas explicativas dos documentos con transcrición e tradución nos caos que a grafía resulta difícil de entender
  • Introdución histórica para profesores
  • Introdución histórica para alumnos
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

JOSEP RENAU. ARTE E PROPAGANDA EN GUERRA

AutorMiguel Cabañas Bravo ISBN978-84-8181-361-6 EditorialMinisterio de Cultura, Dirección General del Libro, Archivos y Bibliotecas
Catálogo da exposición elaborada polo Ministerio de Cultura dedicada á figura de Josep Renau, no ano 2009, que se centra na xestión da arte e da propaganda desenvolvida polo cartelista nos dous importantes postos que ocupou durante a guerra civil: Director General de Bellas Artes y Director de Propaganda Gráfica del Comisariado General del estado Mayor Central, por medio da documentación conservada nos arquivos estatais. A esta etapa, que supón o núcleo da exposición, precede unha pequena introdución do período cronolóxico da posta en marcha da II República, e que se corresponde coa progresiva maduración artística e a concienciación política do Renau mozo.
Na súa última etapa en España antes do exilio, abril 1938 – marzo 1939, as dotes creativas de Renal foron postas directamente ao servizo da propaganda no seu posto de director de Propaganda Gráfica del Comisariado General del Estado Mayor Central, en estreita colaboración coa Subsecretaría de Propaganda del Ministerio de Estado.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Real Audiencia de Galicia : catálogo de preitos e expedientes de mosteiros

ISBN978-84-453-4534-4 Prezo25€ EditorialDirección Xeral de Patrimonio Cultural Ano de publicación2007

Real Audiencia de Galicia : catálogo de preitos e expedientes de mosteiros

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn