Fondos bibliográficos

A biblioteca auxiliar do Arquivo forman parte de la Red de Bibliotecas Públicas de Galicia. O catálogo colectivo desta rede inclúe os rexistros de todo tipo de documentos bibliográficos conservados nos centros asociados. Na actualidade comprende máis de vinte bibliotecas, entre as que se atopan a Biblioteca de Galicia, as bibliotecas nodais, as bibliotecas auxiliares de arquivos e museos dependentes da Xunta de Galicia, a Biblioteca Municipal de Ferrol, as bibliotecas do Consello da Cultura Galega e do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, así como as bibliotecas da Fundación Gonzalo Torrente Ballester e da Fundación Vicente Risco.