Fondos documentais

INFORMACIÓN QUE PODEMOS ATOPAR NA BASE DE DATOS

O nivel de acceso á información varía según o fondo documental. Nalgúns, pódese chegar ata o mesmo documento. Noutros, a descrición chega ata o nivel de serie documental, coas unidades de instalación (caixas ou atados) a elas asociadas.

¿COMO CONSULTAR A BASE DE DATOS?

Pode acceder directamente á base de datos sen necesidade de introducir ningún nome de usuario ou contrasinal. Na parte dereita da pantalla de inicio atopará unha ventá para facer a busca de forma directa. Se desexa realizar unha consulta máis detallada, prema na lapela "Consulta" que consta arriba á esquerda.

Os resultados da busca amosaranse noutra pantalla. Na parte esquerda, poderá acoutalos por Arquivo, Produtor, Materia, Período, Lugar, Fondo documental, Tipo documental ou Nivel de descrición.
Así mesmo, poderá exportar en diversos formatos todos ou unha parte dos rexistros atopados na consulta. Ao premer sobre cada un deses rexistros, accederá á súa descrición completa, á súa imaxe, de ser o caso, e ao lugar que ocupa na xerarquía do fondo documental onde se ubica