Servizos

Servizos

Acceso

O acceso é libre. Para a consulta dos documentos é necesario que o peticionario se identifique con algún documento oficial de identidade (DNI ou pasaporte).

A Sala de Consulta do Arquivo atópase na primeira planta do edificio e as normas de consulta presencial atópanse expostas na sala.

Para a consulta dos fondos do Arquivo do Reino de Galicia os investigadores e outros usuarios teñen á súa disposición os instrumentos de descrición en papel, así como equipos informáticos para o acceso ao OPAC (accesible tamén pola páxina web) e outras bases de datos.

Lectores de microfilme

para a consulta dos documentos conservados en microfilme ou microficha o Arquivo do Reino de Galicia conta con lectores de microfilme, nos que os usuarios poden facer directamente as fotocopias das imaxes que desexen.

Información e asesoramento técnico

O Arquivo do Reino de Galicia facilita, previa solicitude, información documental e bibliográfica sobre os fondos que custodia, así como asesoramento personalizado sobre estes aos usuarios que acoden ao Arquivo.

Biblioteca Auxiliar

O Arquivo do Reino de Galicia conta cunha biblioteca auxiliar especializada en historia, arquivística, dereito e ciencias sociais. O catálogo desta está accesible mediante catálogos convencionais (fichas e impresos en papel) e bases de datos no propio Arquivo, así como vía web por medio da rede de bibliotecas de Galicia.

Monografías/folletos: 20.606

Publicacións periódicas: 1551 títulos

Polo momento, a consulta dos exemplares da biblioteca auxiliar é posible só de xeito presencial na sede do propio Arquivo.

Servizos de reprografía
 
O Arquivo do Reino de Galicia facilita, sempre que a normativa e as condicións dos documentos o permitan : fotocopias simples, copias compulsadas e/ou certificadas, copias en formato dixital tanto de documentos en papel como en microfilme.

 As solicitudes de copias poden realizarse ben presencialmente na sede do propio Arquivo por medio dos impresos dispoñibles, ben por correo ordinario, electrónico ou fax. As condicións de reproducción e as tarifas vixentes para este servizo pódense consultar no apartado de descargas.

Conservación e restauración


O Arquivo do Reino de Galicia conta co mellor laboratorio de restauración de documento gráfico da Comunidade Autónoma de Galicia, dotado de persoal cualificado (catro restauradores e unha encadernadora) e os medios técnicos máis avanzados. Este servizo elabora plans de conservación preventiva para os fondos conservados no Arquivo e leva a cabo traballos de restauración de documentos, libros, fotografías,... que forman parte dos fondos e coleccións do propio Arquivo.

Ocasionalmente se elaboran informes técnicos sobre condicións de conservación e propostas de actuación relacionadas coa conservación e restauración de arquivos e documentos en papel para outras institucións públicas, previa petición.

Programa de difusión

O Arquivo do Reino de Galicia ofrece o coñecemento xeral dos seus fondos documentais e as súas actividades mediante a publicación de instrumentos de descrición, a periódica organización de exposicións e a recepción de visitas guiadas de escolares e outros colectivos.

Préstamo de pezas

O Arquivo do Reino de Galicia ven realizando empréstito temporal tanto dos seus fondos documentais como bibliógrafos a aquelas institucións que o solicitan para que figuren en exposicións.

Descargas