Actualidade

Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos Arquivos

Data de publicación: 08-06-2018 Data de fin: 31-12-2018
Cartaz da exposición Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos Arquivos

Os arquivos nacen e medran sobre unha contradición: a pulsión por conservar aquilo que o tempo tende a estragar. Esta necesidade coexiste con outra: a de destruír/esquecer... para volver construír.

Exposición (para ver, poñer en modo de pantalla completa).

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Peregrino

Data de publicación: 12-06-2018 Data de fin: 12-06-2018
Arquivo do Reino de Galicia. Real Audiencia de Galicia. Causa a José Soller, peregrino, por finxirse sacerdote e outros delitos. Certificado de peregrinación a Santiago. 1693-marzo- 26339-13.

 En abril de 1693, foi apresado por orde do correxedor de Ourense José Soller, peregrino que viña de Santiago, acusado de finxirse sacerdote.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Cambre e Ángel del Castillo

Data de publicación: 29-05-2018 Data de fin: 31-07-2018
Arquivo do Reino de Galicia. Ángel del Castillo. Ábsidas da Igrexa de Santa María de Cambre. 1956?. Sign: 16.702/6-14

 Ángel del Castillo foi desa clase de investigadores do patrimonio cultural que eran quen de integrar de forma harmoniosa nas súas pescudas diversas disciplinas: desde a Historia da Arte ata a Epigrafía e a Paleografía ou a Etnografía.

 

Foi arquiveiro e docente e incluso chegou a desempeñar durante a República o cargo de gobernador civil de Pontevedra. Pero nunca abandonou as súas investigacións sobre a Arte e o Patrimonio de Galicia, sobre os que fixo relevantes achegas.
Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn