Actualidade

Semana Internacional dos Arquivos

Data de publicación: 30-05-2019 Data de fin: 30-09-2019
Cartaz das actividades do ARG Semana Internacional de Arquivos 2019

 Con motivo da Semana Internacional dos Arquivos (https://www.ica.org/es/semana-internacional-de-los-archivos-3-al-9-de-junio-2019) , promovida polo Consello Internacional de Arquivos para celebrar o Día Internacional dos Arquivos (9 de xuño), o Arquivo preparou  diversas actividades, que terán lugar os días 5, 6, 7 e 20 de xuño.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Xeografía

Data de publicación: 29-05-2019 Data de fin: 29-05-2019
Arquivo do Reino de Galicia. Familia Carré. Carta da editorial Alberto Martín, de Barcelona, a Eugenio Carré Aldao en relación coa preparación dos volumes da provincia da Coruña da Geografía General del Reino de Galicia dirixida por Carreras i Candi. 1925, abril, 22. Barcelona. Sign.: 26.954/10-3

 No ano 1928 comezouse a publicar en Barcelona a “Geografía General del Reino de Galicia” dirixida por Francisco Carreras i Candi. Os volumes II e III (tomosI e II) estiveron a cargo de Eugenio Carré Aldao.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Libro

Data de publicación: 30-04-2019 Data de fin: 30-04-2019
Fragmento de códice litúrxico impreso en pergamiño nun preito da Real Audiencia de Galicia. [S.XVI?]. Sign.: 1.537-1.

 Seguimos a atopar fragmentos de códices medievais ou de impresos primitivos no fondo documental da Real Audiencia de Galicia. A limpeza sistemática das unidades que integran este conxunto, o máis relevante e emblemático do Arquivo, como medio de prevención de infestacións biolóxicas, ofrécenos ás veces exemplares como o que agora comentamos.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn