Actualidade

Vicetto

Data de publicación: 04-02-2019 Data de fin: 30-04-2019
Arquivo do Reino de Galicia. Alcaldía Maior de Ferrol e A Graña. Expediente de inventario e reconto dos documentos, mobles e efectos que quedaron á morte de don Benito Vicetto. 1828. Sign.: 5.168-38

 Benito Vicetto chamábase José Antonio. Así consta no "Expediente de inventario e reconto dos documentos, mobles e efectos que quedaron á morte de don Benito Viseto" (sign.: 5.168/38) formado no ano 1828 na Alcaldía Maior de Ferrol e a Graña.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Noite boa

Data de publicación: 03-01-2019 Data de fin: 31-03-2019
Arquivo do Reino de Galicia. Colección de documentos en pergamiño. Guntrode, María e Marina González, fillas de Gonzalo Pérez, chamado Noite Boa, venden ao monxe Pedro Calvo e ó mosteiro de Santa María de Monfero os bens que posúen en Fraemelle polo prezo dunha boa vaca.1245, abril, [S.l.] Sign.: 104

“Noite boa” (Nocte voa) é o sobrenome que Gonzalo Pérez (Gundisalvo Petri), o pai dos irmáns Guntrode, María e Mariña González (Gundisalvi) recibe no documento de venda que estes outorgaron en abril de 1245 a favor de don Pedro Calvo, monxe do Mosteiro de Monfero, de toda a súa herdanza na vila de Freamelle (Freameli) polo prezo “dunha boa vaca” (“una bona vacca”).

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

A ombros de xigantes: ciencia e técnica como patrimonio

Data de publicación: 19-11-2018 Data de fin: 28-02-2019
Cartaz da exposición

A ciencia e a técnica están en permanente renovación, por iso parécenos que se reinventan a cada volta. Pero esta impresión oculta o carácter histórico do saber, que é un proceso acumulativo. Esta exposición trata de afondar nos testemuños dese proceso.

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn