Actualidade

Día Internacional dos Arquivos 2018. Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos arquivos

Data de publicación: 25-05-2018 Data de fin: 31-07-2018
Día Internacional dos Arquivos 2018. Construír, demoler, conservar: o urbanismo a través dos arquivos

 Os arquivos nacen e medran sobre unha contradición: a necesidade ou pulsión humanas por conservar aquilo que o tempo tende a estragar. Esta necesidade coexiste con outra non menos forte: a de destruír e demoler, de facer sitio, de esquecer... para volver a construír.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Patrimonio

Data de publicación: 11-05-2018 Data de fin: 31-07-2018
Arquivo do Reino de Galicia. Colección cartográfica e iconográfica. Mapa Arqueológico de Galicia / por Ramón Barros Silvelo. Sign. MB 88.

Que relación existe entre o Castro de Elviña e a Colexita de San Xoán de Portomarín? É doado sabelo: ambos os dous monumentos son bens de interese cultural, anotados como tales no rexistro correspondente e obxecto da máxima protección legal en materia patrimonial. O primeiro foi declarado por Decreto 1758/1962, do 5 de xullo (BOE núm. 173 do 20 de xullo). O segundo, por Decreto do 3 de xuño de 1931 (Gaceta núm. 155 do 4 de xuño).

 

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn

Sálvora e outras illas atlánticas

Data de publicación: 27-04-2018 Data de fin: 31-07-2018
Arquivo do Reino de Galicia. Colección cartográfica e iconográfica. Plano de las Ría de Pontevedra con las islas de Ons y Onza / Pascual Asensio lo litografió. Sign. MB 195

No ano 1695, Jorge Varela Mariño, dono da casa de Goiáns, puxo preito na Real Audiencia de Galicia ao licenciado Cristóbal Mariño sobre a posesión da xurisdición civil e criminal das illas de Sálvora.

Publicar no Facebook
Compartir no Twitter
Agregar a Delicious
Compartir no LinkedIn