Día Internacional dos Arquivos

Ás 11:00 presentará un documento singular dos que custodia.

O documento que presentamos nesta ocasión é a resposta que ofrece o mestre da Escola Nacional Mixta da Ermida, parroquia do Chao de Fabeiro en Monforte de Lemos e situada no lugar de Porto de Lobos á circular da Sección Administrativa de Primeiro Ensino de Lugo de 16 de xaneiro de 1943 que ordenaba ás Xuntas Municipais de Primeiro Ensino a remisión urxente de datos das escolas de cada municipio.

 Ademais da presentación deste documento, publicarase un folleto descritivo, onde se describirá este seguindo as directrices da NOGADA (Norma Galega de Descrición Arquivística), que adapta á realidade galega a norma internacional de descrición arquivística ISAD (G).

Ofreceranse ademais, como ven sendo habitual, visitas guiadas ao arquivo para quen así o solicite, no teléfono do arquivo 982. 828.318 ou no correo electrónico ahp.lugo.información@xunta.es

Documento singular