Servizos

Servizos

A consulta dos fondos é libre en xeral, salvo por aquelas cautelas fixadas pola lexislación e as derivadas do estado de conservación. O acceso á información realízase a través da base de datos e os distintos instrumentos de descrición, algúns en curso, e pendentes de elaborar os dos fondos de novo ingreso

O arquivo realiza, ademais, actividades de difusión dos fondos e procura a integración do centro na vida cultural da cidade a través de exposicións, cursos, xornadas, visitas escolares, etc.

Presta servizo ao público, á administración e aos investigadores, e para elo conta cunha sala de consulta con 16 prazas; unha sala de reprografía con tres fotocopiadoras, en branco e negro e cor; laboratorio de microfilme; laboratorio de restauración e de fotografía; sala de exposicións; salón de actos con equipos multimedia; biblioteca auxiliar especializada en arquivística, historia do dereito, fontes documentais e historia das institucións, a cargo de persoal técnico, de acceso directo e con servizo de préstamo.