Actualidade
Aviso
CONDICIÓNS DOS SERVIZOS DO AHPOu
Debido ás actuais circunstancias sanitarias e para garantir a saúde das persoas lembramos as condicións de servizo do AHPOu:
- Os servizos prestaranse de maneira presencial ou por vía telemática, previa solicitude telefónica (988788228) ou por correo electrónico (arq.prov.ourense@xunta.gal.
- Dadas as limitacións de aforo que establecen as mencionadas medidas para a CONSULTA PRESENCIAL é precisa CITA PREVIA solicitada polas vías arriba indicadas.
- Poderanse consultar un máximo de 10 unidades por día
- As persoas usuarias deberán:
- Portar documento que acredite a súa identidade
- Traer máscara propia
- Facer hixiene de mans (o Arquivo conta con desinfectantes ao efecto)
- Manter a distancia de seguridade
- Vir provistas do material necesario para a toma de datos (lapis, papel …)
Aviso
SUSPENSIÓN TEMPORAL DE ACTIVIDADES DO AHPOU
O 3 de agosto de 2020 inícianse as labores de traslado dos fondos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense á nova sede de San Francisco.
Mentres dure o traslado queda en suspenso a actividade do Arquivo ao non poder garantirse o acceso e consulta dos documentos en condicións de normalidade, debido á propia dinámica da operación de traslado.
Será comunicado o reinicio da actividade no momento no que se remate o traslado.
Desculpen as molestias.
Aviso
CONDICIÓNS DO SERVIZO AOS USUARIOS DO AHPOu
- Os servizos prestaranse de maneira presencial ou por vía telemática, previa solicitude telefónica (988788228) ou por correo electrónico (arq.prov.ourense@xunta.gal)
- O aforo do Arquivo é limitado polo que para a CONSULTA PRESENCIAL é preciso CITA PREVIA solicitada polas vías arriba indicadas.
- Obrigas dos usuarios
- Portar documento de identidade (DNI ou pasaporte)
- Máscara e luvas propios
- Hixiene de mans (o Arquivo conta con desinfectantes ao efecto)
- Manter a distancia de seguridade
- Consulta dun máximo de 10 unidades
Disculpen as molestias