Visita de Anxo Lorenzo ó Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Data de publicación: 08-06-2012

Onte, día sete de xuño, Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura,  cursou visita ao Arquivo Histórico Provincial de Ourense co fin de interesarse pola situación deste centro e os seus proxectos de futuro. Participaron na visita algúns dos principais representantes da Xunta de Galicia en Ourense: Rogelio Martínez González,  Delegado Territorial, Mª de las Mercedes Gallego Esperanza, Xefa Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e Gerardo Pumar Pumar, Xefe da Área de Cultura da dita Consellería.

 

Durante dita visita, ralizouse unha xuntanza na que Pablo Sánchez Ferro, director do arquivo, informou das actividades que o AHPOu está a realizar, principalmente, no que atinxe á súa proxección cara a cidadanía, e tamén explicou a situación de absoluta precariedade das actuais dependencias do centro, caracterizadas pola saturación dos seus depósitos, a carencia de talleres de restauración, salas de exposicións, gabinete pedagóxico, etc.

 

A valoración por parte do director do centro do compromiso das autoridades coa busca dunha solución para as necesidades do riquísimo patrimonio documental ourensán foi moi positiva, xa que aquelas mostraron o seu compromiso coa finalización das obras para a construción da nova sede no Cuartel de San Francisco.

 

A visita concluiú cun percorrido polas dependencias do AHPou, que permitiú constatar a sua situación.