Estado do proceso de construción da nova sede do Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Data de publicación: 28-02-2013
O 29 de xaneiro  de 2013 publicouse no BOE a resolución da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pola que se convoca procedemento aberto para a adxudicación da terminación das obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial de Ourense no antigo Convento de San Francisco.
 
O pasado 14 de febreiro desenvolveuse unha xornada de visita informativa ás obras de San Francisco na que técnicos de distintas empresas construtoras interesadas en participar na fase de licitación das obras coñeceron a situación actual do edificio. O prazo de presentación de ofertas e de solicitudes de participación no proceso de adxudicación das obras remata o 1 de abril e está previsto que o día 28 de maio se proceda á apertura de ofertas.
Visualizar imaxe