Os últimos números de FRONDA, editada polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense, xa poden descargarse na súa páxina web

Data de publicación: 18-09-2013
Os números 44, 45 e 46 de Fronda abren unha nova liña temática dedicada aos fondos de institucións penitenciarias custodiados no Arquivo Histórico Provincial de Ourense.
 
No número 44 ofrécese unha imaxe de conxunto do sistema penitenciario provincial presentando os diferentes tipos de establecementos que existiron na provincia de Ourense e os fondos documentais que xeraron durante os séculos XIX e XX.
 
O fondo da Prisión Provincial abórdase no número 45 para dar conta da súa abundante e valiosa documentación. Contén un inmenso caudal informativo que permite  acometer moi variados temas de estudo dende innumerables puntos de vista: a historia, o dereito, a criminoloxía...
 
Por último, no número 46, os documentos do destacamento penal de Casaio achégannos ás actividades e réxime penitenciario deste tipo de establecementos nos que unha parte da poboación reclusa redimía as súas penas a través do traballo en explotacións mineiras. A extracción de mineral nas minas de volframio de Casaio durante a II Guerra Mundial está imprenada de resonancias tan novelescas como turbias que lle confiren, se cabe, maior interese a esta documentación.
 
Para descargar os textos de Fronda en PDF pinche en Publicaciónse logo en Ler máis