PUBLICADA NO BOE A LICITACIÓN DAS OBRAS DA NOVA SEDE DO ARQUIVO HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE

Data de publicación: 25-09-2013
O Boletín Oficial do Estado do pasado 17 de setembro publica a resolución da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte pola que se fai pública a formalización do contrato para a terminación das obras de construción e rehabilitación do Arquivo Histórico Provincial (AHPOu) e Biblioteca Pública do Estado en Ourense. Na resolución, con data de 26 de agosto, adxudícanse as obras á empresa Corsan-Corviam, Construcción, S.A. cun importe total de 16.689.022,93 euros.
 
  
O AHPOu instalarase no edificio que albergou o Convento de San Francisco e, tras a Desamortización do século XIX, un cuartel militar. O claustro gótico deste edificio, considerado unha das xoias arqutitectónicas da cidade de Ourense, é visitable dende o pasado mes de xuño.