Alumnado do Colexio San José de Ourense visita o Arquivo Histórico Provincial de Ourense

Data de publicación: 14-03-2014
O pasado 10 de marzo, 30 alumnos de 2º da ESO do CPR San José de Ourense desenvolveron no AHPOu unha actividade englobada nun proxecto pedagóxico a través do cal se pretende "integrar o coñecemento do local para chegar ao global". O proxecto, coordinado polo profesor José Luis Guede, consiste en "dar a coñecer o patrimonio local a través do ensino" convertendo a cidade de Ourense nunha "grande aula aberta".
Visitar o AHP0u serviu para descubrir ao alumnado o valor do do patrimonio documental como fonte de coñecemento do pasado. A actividade consistiu no comentario de documentos, nun percorrido polas instalacións e nunha entrevista ao director.
 
Para saber máis sobre este proxecto educativo podes consultar: http://civitasauriensis.blogspot.com.es/2014/02/abrindo-portas-2014-iniciando.html