O Arquivo Histórico Provincial de Ourense presentou un novo capítulo de "As viaxes do Capitán Gardador"

Data de publicación: 09-10-2014
O martes 7 de outubro Arquivo Histórico Provincial de Ourense presentou no auditorio do Centro Cultural Marcos Valcárcel un novo capítulo das "Viaxes do Capitán Gardador" titulado "O Padre Feijoo: o pensamento vivo dun ilustrado ourensán".

Con motivo do 250 aniversario do pasamento do Padre Benito J. Feijoo, o capitán gardador achéganos á figura e á obra deste sabio ilustrado a través dos documentos do Arquivo Historico Provincial.
 
O vídeo está dispoñible no canal de Youtube do Arquivo Histórico Provincial de Ourense: https://www.youtube.com/watch?v=zLovYtRZqNk